III SUFIXOS E TERMINACIÓNS
- -án, -á na maioría das formas populares:
En moitos xentilicios:
afgán-afgá, alemán-alemá, castelán-castelá, catalán-catalá, arousán-arousá, carnotán-carnotá, compostelán-compostelá, esteirán-esteirá, ferrolán-ferrolá, fisterrán-fisterrá, muradán-muradá….
Admítense tamén, á beira das formas anteriores, os localismos propios da fala respectiva:
- masculinos burelao, courelao, caldelao, limiao (fem. sempre –á: burelá, caldelá…)
- e os femininos fisterrán, muradán, esteirán (coincidentes co masculino)
- -án, -ana en vocábulos con significado pexorativo:
- -ano, -ana en palabras cultas:
anglicano, artesiano, bacteriano, decano, diluviano, franciscano, fulano, gregoriano, humano, luterano, mahometano, meridiano, metropolitano, miliciano, mundano, paisano, pondaliano, profano, provinciano, puritano, republicano, rosaliano, semana, soberano, tirano, transmontano, urbano, veterano, vexetariano.
En moitos xentilicios non galegos:
africano, americano, asturiano, australiano, boliviano, cubano, hispano, italiano, lusitano, peruano, romano, valenciano.