Ciberbullying
Requisitos de finalización
Para saber máis sobre este delito.
Consellos contra o ciberbullying
- Non contestes as provocacións, ignóraas. Conta ata 100 e pensa noutra cousa.
- Compórtate con educación na Rede. Usa a Netiqueta.
- Se che molestan, abandona a conexión e pide axuda.
- Non facilites datos persoais. Sentiraste máis protexido/a.
- Non fagas na Rede o que non farías á cara.
- Se che acosan, garda as probas.
- Cando che molesten ao usar un servizo online, pide axuda ao seu xestor/a.
- Non penses que estás do todo seguro/a alén da pantalla.
- Advirte a quen abusa de que está a cometer un delito.
- Se hai ameazas graves pide axuda con urxencia.