TIPOS DE ENSINANZAS ESPECIAIS: artísticas, idiomas e deportivas
Conditions d'achèvement
Para saber máis
ENSINANZAS DE MÚSICA
As ensinanzas de música de carácter regrado conducen a unha titulación oficial, común para todo o estado, e pódense cursar exclusivamente en conservatorios e centros autorizados de música (estes de titularidade privada). Divídense en tres graos:
- Elemental: Consta de 4 cursos. O título que se obtén é un Certificado de estudos elementais. A idade mínima para iniciar estudos é de 8 anos e a máxima de 14 anos.
- Profesional: Abrangue 6 cursos. O título é de Grao Profesional na especialidade cursada. Non hai límite de idade de admisión a grao profesional, o acceso realízase mediante proba.
- Superior: Consta dun só ciclo de catro anos para cada especialidade. O título é Superior equivalente a unha titulación universitaria de grao. Para o acceso a estas ensinanzas requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente e superar a proba específica de acceso. A nota media do expediente académico do grao profesional de música do alumnado que estea en posesión do título profesional de música ou equivalente suporá un 40% da cualificación final da proba de acceso. Para tales efectos, e en termos de cómputo, farase unha media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional. A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia,no prazo que se indica na resolución correspondente para cada curso (con carácter xeral a principios do mes de xuño) e a s probas específicas desenvolveranse normalmente entre os meses de xuño e xullo, de acordo co calendario que para tal efecto se estableza. O alumnado que obteña praza formalizará a matrícula no mes de xullo, nos prazos estipulados cumprimentando os modelos facilitados polos conservatorios.