Blogs
Completion requirements
Sobre os Blogs
¿Que é un blog?
Un weblog, do inglés web + log (diario), blog, bitácora ou blogue é un sitio web que recompila cronoloxicamente artigos (posts) dun ou varios autores (webloggers, bloggers ou blogueiros), aparecendo primeiro o máis recente (as entradas están ordenadas cronoloxicamente). Aseméllanse a un diario en liña. Os lectores poden engadir comentarios e o autor responder.
Algunhas variantes de weblogs son:
-
Os fotoblogs , onde os webloggers publican imaxes.
-
Os vlogs ou videoblogs, onde os webloggers publican vídeos.
-
Os audioblogs , onde os webloggers publican gravacións sonoras.
-
Os moblogs , onde os webloggers publican dende un teléfono móbil.
Un aspecto importante dos weblogs é a súa interactividade, dado que se actualizan frecuentemente e permiten aos visitantes responder ás entradas.