Creación de actividades

Sitio: Aula Virtual Fontexería
Curso: Utilidades para o profesorado
Libro: Creación de actividades
Impreso por: Usuario convidado
Data: mércores, 14 de xaneiro de 2026, 11:40 AM

Descrición

Como crear activades

1. Tarefas

Unha tarefa é un traballo que asignamos aos alumnos e que estes deberán presentar como un arquivo: un documento de texto, unha presentación, unha imaxe, un vídeo...Previamente debedes acordar o formado que debe ter o arquivo.

Hai catro modalidades de tarefas:

tarefas

  • Actualización avanzada de ficheiros, por se a tarefa require que o alumno suba ao servidor demáis dun arquivo. Con esta opción poderemos reenviar o arquivo corrixido ao alumno.

  • Texto en liña: o alumno escribirá a resposta directamente directamente nun cadro de texto.

  • Actualización dun só ficheiro (só permite achegar un arquivo, non máis)

  • ideaActividade fóra de liña (é un enunciado que os alumnos terán que responder por un outro medio). Isto pode resultar útil para usar a Aula Virtual como xestor das cualificacións dos nosos alumnos; por exemplo, podemos rexistrar mediante unha tarefa sen arquivos as cualificacións dun exame escrito.

2. Cuestionario

Nun cuestionario créanse un listado de preguntas que a alumno contesta e obtén unha cualificación por elas. Crearáse un banco de preguntas (é preferible que estea ordenado por categorías)con tódalas preguntas que se desexe incluir.

banco_preguntas

Recurso flash sobre como crear un cuestionario

Para aprender máis sobre os cuestionarios (pdf)


2.1. Tipos de preguntas dun cuestionario

Opción múltiple: Son preguntas tipo test nas que o alumno ten que escoller a resposta (ou respostas) acertada.

test

Verdadeiro / falso

V_F

Emparellamento

emparellamento

Resposta curta. O alumno ten que escribir a resposta. O problema é que o ordenador non é capaz de comprender alinguaxe natural e a resposta debe ser exacta. Pódese empregar o asterisco * como comodín.

resposta_breve

Ensaio. O alumno debe escribir a resposta, que será corrixida e valorada polo profesor.

FicheiroEnsaio

Resposta inserida (cloze)

Cloze


Ademais pódese limitar o tempo:

Limitar_o_tempo

Exemplo de cuestionario


2.2. Outras actividades

Hai outras actividades interesantes: