Tipos de imaxes que podemos xerar
| Site: | Aula Virtual Fontexería |
| Course: | Edición de imaxes |
| Book: | Tipos de imaxes que podemos xerar |
| Printed by: | Visiteur anonyme |
| Date: | Tuesday, 25 November 2025, 5:09 AM |
Description
Estes son exemplos de imaxes
Imaxes de mapa de bits (bitmaps) ou rasterizadas
Están formadas por multitude de puntos ou pixeis. Os pixeis forman unha matriz de puntos denominada raster. O nome PIXEL procede da expresión picture element.
Unha imaxe dixital está formada por esa matriz ou raster (a x b x c), onde a e b representan anchura e altura e c é a profundidade de cor ou profundidade de bit, permite que cada pixel poida ter un número determinado de cores distintas.
Estas imaxes son obtidas por un escáner ou cunha cámara dixital ou directamente dende o ordenador utilizando calquera programa de tratamento de imaxes. Son fotos.
Imaxes vectoriais
Imaxe formada por obxectos xeométricos (segmentos, polígonos, arcos, etc.), As imaxes vectoriais definen as súas compoñentes mediante expresións matemáticas, así conséguese un tamaño menor que as de tipo bitmap e pódese redimensionar a imaxe sen perda de calidade.
Estas características convértenas no xeito ideal de traballar cando se trata de deseño gráfico, (como creación de logotipos ou debuxos).
Imaxes 3D ou infografías
Poden crearse con diversas técnicas pero sempre queren transmitir a proxección nun espazo tridimensional. Son imaxes que simulan as 3 dimensións.
Aplicacións e usos:
Cada vez son máis os usos que se lle dan ao modelado 3D: a maioría dos produtos que utilizamos foron deseñados en 3D e creados fisicamente a partir deses modelos.
Pero é máis popular polo seu uso en películas, videoxogos, efectos visuais, proxectos arquitectónicos e percorridos virtuais.

Blender é o editor 3D libre máis usado. Outros programas editores de pago: Maia, 3 D Studio Max, Vue, Poser,…
