Grooming
| Sitio: | Aula Virtual Fontexería |
| Curso: | Obradoiro de Seguridade Informática |
| Libro: | Grooming |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | martes, 13 de xaneiro de 2026, 8:18 PM |
Descrición
Para saber máis sobre este delito.
Grooming ou ciberacoso sexual
O grooming é basicamente o ciberacoso dun adulto a un menor, xeralmente prodúcese dun adulto masculino a unha adolescente/nena. A orixe do nome grooming de menores na internet poderiámolo traducir como engatusamiento e que se utiliza para describir as prácticas online de certos adultos para gañarse a confianza dun (ou unha) menor finxindo empatía, agarimo, etc. con fins de satisfacción sexual (como mínimo, e case sempre, obter imaxes do/a menor espido/a ou realizando actos sexuais).
Por tanto está moi relacionado coa pederastia e a pornografía infantil na internet. De feito o grooming é en moitas ocasións a antesala dun abuso sexual.
Para pensar
Observa este vídeo e pensa nas preguntas que aparecen despois:-
Cales son todos os principais erros que comete a protagonista do vídeo?
-
Que medidas podemos tomar no noso tránsito pola rede para evitar este tipo de circunstancias?
-
Crees que poden suceder este tipo de cousas na realidade? E algunha similares?
Consellos
-
Non agregar como amigos a xente que non coñecemos fisicamente.
-
Deixarnos enganar polas técnicas dos groomers.
-
Xamais acudir a unha cita con algún coñecido da internet sen a compañía dun adulto e, sempre nun lugar público.
-
En caso de sufrir o ciberacoso, é importante ter probas e denunciar.