GUÍA PARA A EXPOSICIÓN ORAL DO ALUMNADO
| Sitio: | Aula Virtual Fontexería |
| Curso: | Guías prácticas |
| Libro: | GUÍA PARA A EXPOSICIÓN ORAL DO ALUMNADO |
| Imprimido por: | Usuario convidado |
| Día: | jueves, 25 de diciembre de 2025, 02:21 |
Descripción
Consellos para as exposicións orais.
PASOS A SEGUIR ANTES DA EXPOSICIÓN ORAL
Elección do tema (se non foi facilitado polo profesorado).
Documentarse, hai que realizar unha recollida de información sobre o tema e extraer o máis importante para o nos obxectivo.
Organizar a información, as ideas deben estar conectadas entre si para que se podan comprender.
Elaborar un guión. Un bo guión incluirá as ideas principais da exposición e terá unha estrutura clara na que esas ideas aparezan organizadas e xerarquizadas.
Ensaiar a exposición.
CONSELLOS PARA A EXPOSICIÓN ORAL
PRESENTACIÓN ANTE O AUDITORIO:
- Hai que axustarse ao tempo.
- Pronunciar de forma clara e cun ton de voz e entoación apropiados.
- Coidar a linguaxe corporal e interactuar co auditorio. Facer as pausas necesarias para que o público siga mellor a presentación.
- Débese mirar ao público, e non limitarse a unha mera lectura do traballo na pantalla ou nos folios.
FLUIDEZ E CAPACIDADE COMUNICATIVA:
- Expoñer con orde lóxica e claridade.
- Desenvolver as ideas con coherencia e cohesión, empregando conectores adecuados.
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA:
- Uso dun vocabulario rico e variado, sen muletillas nin repeticións.
- Estruturas morfosintácticas adecuadas (concordancias, estruturas das frases, unión entre partes, …
ESTRUCTURA DUNHA EXPOSICIÓN ORAL
INTRODUCIÓN
O tema ten que ser presentado de forma clara, breve e motivadora.
DESENVOLVEMENTO
Exposición das ideas, pódense utilizar elementos auxiliares de apoio (encerado, encerado dixital, vídeos, imaxes, diagramas, mapas, presentación multimedia tipo PowerPoint,…)
CONCLUSIÓN
Contén as ideas principais da exposición e debe incluír as consideracións persoais despois de ter traballado o tema.
DEBATE / COLOQUIO
(Aclaracións de dúbidas, respostas a preguntas,…)