III SUFIXOS E TERMINACIÓNS

-ción, -sión nas cultas:
adicción, afección, bendición, elección, lección, nación, perfección, recadación, tradución, xeración…; admisión, concesión…

-zón nas patrimoniais:
beizón, doazón, retorzón, rizón, sazón, traizón (e derivadas); razón-razoar-razoable-razoado-razoamento,
pero raciocinio - racional - racionalidade - racionalismo - racionalizar - racionamento.