TIPOS DE ENSINANZAS ESPECIAIS: artísticas, idiomas e deportivas
ENSINANZAS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
As ensinanzas de artes plásticas e deseño organízanse en:
- Ensinanzas de formación profesional de artes plásticas e deseño.
- Estudos superiores de artes plásticas e deseño.
- Estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais.
As ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño estrutúranse en ciclos de formación profesional de grao medio e grao superior:
- Condicións xerais de acceso a grao medio:
- Ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos e superar unha proba específica.
- Tamén pode acceder quen non teña os requisitos académicos, con 17 anos, mediante a superación dunha proba de madureza (ademais da correspondente proba específica).
- A proba de madureza poderase substituír por algunha das seguintes probas: proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de FP, proba de acceso a grao medio de ensinanzas deportivas ou proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Condicións xerais de acceso ao grao superior:
-
Ter o título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica.
-
Tamén pode acceder sen requisitos académicos, con 19 anos, mediante a superación dunha proba de madureza (ademais da correspondente proba específica).
-
A proba de madureza poderase substituír por algunha das seguintes probas: proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP, proba de acceso a grao superior de ensinanzas deportivas ou proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño, quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
- Título superior de artes plásticas e/ou título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
- Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
- Licenciatura en belas artes.
- Arquitectura.
- Enxeñaría técnica en deseño industrial.
Así mesmo, estarán exentos e exentas de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de artes plásticas e deseño, quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.
Inscrición para as probas específicas e de madureza: Hai unha convocatoria anual que sae publicada no DOG a finais de maio. A inscrición hai que realizala na secretaria dos centros onde se imparten estas ensinanzas, arredor do mes de xuño. Unha vez superadas estas probas, a matrícula soe ser a partir de mediados de setembro.
Probas de acceso para as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño