TIPOS DE ENSINANZAS ESPECIAIS: artísticas, idiomas e deportivas
ENSINANZAS DE DANZA
Poden ser de carácter regrado ou non regrado. As primeiras conducen a unha titulación oficial, común para todo o estado, e pódense cursar exclusivamente en conservatorios e centros autorizados de danza (estes de titularidade privada).
Divídense en tres graos:
- Elemental: Non existen especialidades, ofrecese unha formación básica. A duración dos estudos é de catro anos. O título que se obtén é o Certificado de estudos elementais.
- Grao medio: Existen catro especialidades: Danza clásica, Danza española e Danza contemporánea. A duración dos estudos é 6 anos. O título é de Grao Profesional na especialidade cursada.
- Superior: Existen dúas especialidades: Pedagoxía da danza e Coreografía. A duración é de catro anos. O título é Superior equivalente a unha titulación universitaria de grao.
O acceso a grao medio é mediante proba. No grao superior, ademais, deberase dispor do título de bacharelato ou ter os estudos correspondentes ao grao profesional. Será posible acceder sen estes requisitos se o aspirante demostra, nunha proba, posuír os coñecementos precisos.