TIPOS DE ENSINANZAS ESPECIAIS: artísticas, idiomas e deportivas
As ensinanzas de idiomas estrutúranse en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Cada nivel consta de dous cursos.
Ensinanzas reguladas polo RD 1629/2006, do 29 de decembro:
Certificado de Nivel Básico (A2)
Nivel Básico 1
Nivel Básico 2
Certificado de Nivel Intermedio (B1)
Nivel Intermedio 1
Nivel intermedio 2
Certificado de Nivel Avanzado(B2)
Nivel Avanzado 1
Nivel Avanzado 2
Ao final de cada un dos niveis, realízase unha proba para acadar o certificado oficial de ter superado o nivel correspondente.
Condicións xerais de acceso:
- Ter 16 anos cumpridos no ano natural en que se comecen os estudos. Poderán acceder aquelas persoas que teñan cumpridos 14 anos (ou que os cumpran antes do 31 de decembro do curso académico que inicia), para as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na educacións secundaria obrigatoria como primeira lingua estranxeira.
- Se xa se posúen coñecementos do/s idioma/s que se quere cursar , poderase acceder a o curso ao que se corresponde por nivel a través das seguintes vías:
A superación das probas de cualificación, que, segundo o resultado obtido, permitirán a incorporación a calquera curso e nivel.
A obtención do título de bacharel, que dará acceso ao nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no bacharelato (Isto non supón a expedición do certificado do nivel básico).
A posesión dalgún título ou certificado recoñecido do idioma estranxeiro, que permitirá acceder directamente aos distintos cursos dos niveis.
Modalidades:
Presencial: Pódese estudar o idioma na modalidade presencial nas escolas oficiais de idiomas ou en calquera das súas seccións.
A distancia: Pódese estudar inglés na modalidade a distancia co programa “That`s English!”.
Probas libres: Tamén se pode facer as probas de certificación de final de nivel polo réxime libre no mes de xuño sen estares escolarizado nas escolas oficiais de idiomas.
Prazos de preinscrición:
Na modalidade presencial o alumnado que solicita cursar estudos en 1º curso de nivel básico dun idioma nas escolas oficiais de idiomas por primeira vez, terá que realizar a presinscrición no mes de xuño, así como tamén nos seguintes casos:
- Alumnado procedente das probas de clasificación.
- Alumnado de acceso directo por titulación ou certificación académica.
- Alumnado que se incorpora á ensinanza presencial tras superar as probas específicas de certificación polo réxime libre.
Cadro resumo das ensinanzas das ensinanzas de idiomas nas modalidades presencial e a distancia
O IES Fontexería imparte as ensinanzas correspondentes ao programa CUALE. Impártense os niveis: básico e intermedio 1 e 2, para o alumnado. As probas de certificación de nivel básico e intermedio terán como referencia o nivel de competencia A2 e B1, respectivamente, do Marco común europeo de referencia para as linguas. O período de preinscrición é no mes de setembro.
Máis información:
