Blogs

¿Que é un blog?

Un weblog, do inglés web + log (diario), blog, bitácora ou blogue é un  sitio web que recompila cronoloxicamente artigos (posts) dun ou varios autores (webloggers, bloggers ou blogueiros), aparecendo primeiro o máis recente (as entradas están ordenadas cronoloxicamente). Aseméllanse a un diario en liña. Os lectores poden engadir comentarios e o autor responder.

Algunhas variantes de weblogs son:

  • Os fotoblogs , onde os webloggers publican imaxes.
  • Os vlogs ou videoblogs, onde os webloggers publican vídeos.
  • Os audioblogs , onde os webloggers publican gravacións sonoras.
  • Os moblogs , onde os webloggers publican dende un teléfono móbil.

Un aspecto importante dos weblogs é a súa interactividade, dado que se actualizan frecuentemente e permiten aos visitantes responder ás entradas.