Section outline

  • No foro atoparedes una entrada por sesión de clase (por exemplo: SESIÓN MARTES 17/03/2020).

    Nesas entradas, cada día atoparedes a información sobre as tarefas a realizar.

  • Nos temas tedes o material coa teoría e o caderno de traballo que contén os exercicios.

    Tamén tedes o enlace á web de Proyecto Descartes onde podedes mirar a teoría e facer algún exercicio que vos poida axudar na vosa aprendizaxe de forma interactiva.

  • Aquí tedes unha actividade voluntaria para quen lle guste a papiroflexia e ao mesmo tempo traballar coas fracións.

    • CONTIDOS:

      Identificar que é un poliedro. Determinar os elementos dun poliedro: caras, arestas e vértices. Clasificar os poliedros. Especificar cando un poliedro é un prisma ou unha pirámide. Distinguir os poliedros regulares convexos tamén denominados sólidos platónicos. Construír os poliedros a partir do seu desenvolvemento plano. Diferenciar e catalogar algúns sólidos de revolución: cilindro, cono e esfera. Construír cilindros e conos rectos a partir do seu desenvolvemento plano.

    • CONTIDOS:

      Calcular a área de prismas rectos de calquera número de caras. Calcular a área de pirámides de calquera número de caras. Calcular a área dun tronco de pirámide. Calcular a área dun cilindro. Calcular a área dun cono. Calcular a área dun tronco de cono. Calcular a área dunha esfera. Calcular a área de corpos xeométricos obtidos pola composición de todo ou parte dos corpos anteriores.

    • CONTIDOS:

      • Comprender o concepto de “medida do volume” e coñecer e manexar as unidades de medida do S.M.D.

      • Obter e aplicar expresións para o cálculo de volumes de corpos xeométricos comúns. Observar as posibles similitudes entre algunhas das devanditas expresións.

      • Discriminar e comparar correctamente os conceptos de volume e capacidade.

      • Coñecer o teorema de Cavalieri e aplicalo á obtención de expresións para o cálculo de volumes de determinados corpos oblicuos.

    • Contidos:

      Comprender, distinguir e valorar o concepto de función. Interpretar e relacionar táboa, gráfica e fórmula dunha relación funcional. 

      Distinguir os conceptos de variable dependente e independente, dominio e percorrido.

      Apreciar e interpretar sobre unha gráfica as primeiras propiedades xerais dunha función.

      Distinguir, formular e representar situacións mediante unha función de proporcionalidade directa e inversa

    • Obxectivos:

      • Expresar multiplicacións dun mesmo número en forma de potencia.

      • Realizar operacións con potencias.

      • Traballar con potencias de base 10.

      • Expresar números en notación científica.

      • Calcular raíces cadradas.

      • Realizar cálculos coa axuda dunha calculadora.

    • Obxectivos

      • Crear expresións alxébricas a partir dun enunciado.

      • Atopar o valor numérico dunha expresión alxébrica.

      • Clasificar unha expresión alxébrica como monomio, binomio,... polinomio.

      • Operar con monomios (sumar, restar e multiplicar).

      • Operar con polinomios (sumar, restar e multiplicar por un monomio).

    • Obxectivos:

      • Recoñecer situacións que poden resolverse con ecuacións

      • Traducir á linguaxe matemática enunciados da linguaxe ordinaria.

      • Coñecer os elementos dunha ecuación.

      • Resolver ecuacións de primeiro grao.

      • Resolver ecuacións de segundo grao.

      • Resolver problemas empregando as ecuacións.

    • Recoñecer e clasificar os sistemas de ecuacións segundo o seu número de solucións..

      Obter a solución dun sistema mediante unha táboa.

      Resolver sistemas lineais de dúas ecuacións con dúas incógnitas, polos métodos de substitución, igualación e redución.

      Utilizar a linguaxe alxébrica e os sistemas para resolver problemas.

    • • Aplicar correctamente o Teorema de Tales.

      • Recoñecer e debuxar figuras semellantes.

      • Aplicar os criterios de semellanza de triángulos.

      • Calcular a razón de semellanza.

      • Utilizar a relación entre as áreas de figuras semellantes.

      • Calcular distancias en mapas e planos.

      • Construír figuras a partir dunha escala.

      • Resolver problemas xeométricos aplicando o Teorema de Pitágoras.