Section outline

    • O proxecto deste terceiro trimestre como xa vos expliquei en clase, consiste na organización e posta en práctica dunha carreira de orientación para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

      O paso previo é facer un traballo de campo, mapa e terreo, localizando elementos balizables idóneos para utilizar como puntos de control. Necesitamos, así mesmo, cubrir a planilla da folla de descrición de controis, segundo a normativa internacional, que informan aos corredores/as da situación exacta da baliza.

      DESCRICIÓN DA TAREFA: 

      1. Escoller in situ, empregando o mapa entregado, un elemento balizable. Un cada alumno/a.
      2. Revisar o material entregado, ou investigar na internet, sobre a descrición de controis en orientación, ata cubrir todas as columnas da folla.
      3. Introducir esa información no seguinte documento compartido para non repetir os controis.
      4. Realizar estas actividades antes do domingo, as 23:59 horas.