Section outline

    • Para conmemorar o Samaín, levamos a cabo desde a Biblioteca, en colaboración co Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística, dúas actividades:

      - Un concurso de cabazas, elaboradas polo alumnado de 1ºESO na Aula Creativa da Biblioteca, premiadas en tres categorías: a máis orixinal, a máis terrorífica e a máis divertida.

      - Un concurso de Nanocontos de terror, no que participou o alumnado de todo o centro, en tres categorías: 1º e 2º da ESO, 3º e 4º da ESO, e Bacharelato e Ciclos. 

      Os premios entregáronse na Biblioteca en presencia de alumnado e profesores. A través destas ligazóns accederedes aos vídeos e fotos do proceso:

      - Elaboración das cabazas: 

       - Entrega de premios: