Section outline

  • Este venres 19 de novembro retomamos con moito ánimo as actividades grupais. E a celebración do Magosto foi boa oportunidade. Eliminados certos xogos tradicionais por protocolo, o alumnado do Centro (e por qué non dicilo, o profesorado tamén) disfrutou dunha mañá de xogos que reompeu a monotonía destes meses. Logo da actuación das "nosas" pandeireiteiras, e antes de comer as castañas, o alumnado recibiu os premios por niveis, así coma os agasallos do II Certame de vídeo-creación Magostoxería. Este vídeo recolle imaxes da xornada.