Section outline

    • O presente curso pretende axudar ao docente a empregar certos recursos da plataforma Moodle así como o uso de videoconferencias cisco webex. Consideramos que ambas tecnoloxías poden ser de utilidade, especialmente nos tempos actuais. Os titoriáis están feitos empregando a plataforma actual da aula virtual da consellería, (Moodle 3.3).

      A didáctica empregada será ensinar a base de exemplos. Os exemplos tentaremos que sexan próximos á forma de traballar dos docentes. Evitaremos adicar tempo a explicar opcións da plataforma que rara vez se usan, ou que aportan pouco ao noso traballo.

      En canto a temporalización, son 16 horas. (unhas 3 semanas aprox). Tentaremos que nese tempo queden claros 3 ou 4 conceptos. A plataforma e moi ampla, con moitas posibilidades pero penso que é importante ter obxectivos alcanzables dentro do tempo que temos.

      Como requisito previo, deberiamos coñecer o básico: Crear contidos (etiquetas, arquivos, videos), saber colocar eses contidos, matricular usuarios, foros, novas etc. Pos suposto axudaremos aos que teñan dificultades nestes temas.

      Relator: Alfonso Pereira (alfonsopereira@edu.xunta.es) Profesor de ensino secundario, especialidade de informática no IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña.

      Todo o material está baixo licenza Creative Commons BY-NC-SA, polo que podedes libremente usalos e adaptalos para fin non comerciais.


    • Alumnas de probas

      • alumnaprobas1 con contrasinal alumnaprobas1555
      • alumnaprobas2 con contrasinal alumnaprobas2555