Section outline
-
-
A continuación vas ver un capítulo de Historias de Galicia, un programa que emitiron na TVG hai anos e que relata feitos relevantes da nosa historia.
Concretamente, neste fálannos dos acontecementos históricos máis importantes relacionados coa nosa lingua. Imos comezar pola Idade Media, para en 11' 54'' e responde as preguntas recollidas neste arquivo.
-
Presentación sobre os acontecementos históricos máis importantes que repercutiron na nosa lingua.
-
Nestes apuntamentos recóllense os aspectos máis relevantes desde o punto de vista métrico, estilístico e de contido das cantigas de amigo e de amor.
-
Neste documento danse as directrices para a correcta elaboración do comentario dunha cantiga e achéganse dous exemplos que poden axudar á hora de realizar outros.
-
Neste documento tes recollida unha cantiga medieval da que tes que realizar un comentario seguindo a guía que traballamos na aula. A tarefa debe cumprir os seguintes requisitos:
- Estar feita a Word ou OpenOffice Writer. Logo tédela que pasar a formato PDF para a entrega.
- O texto debe estar xustificado. Ademais, á hora de redactar, lembra que despois dos signos de puntuación ten que ir un espazo.
- A redacción debe ser orixinal, é dicir, VOSA, de cada un ou de cada unha (nin do / a compañeira, nin da docente). Calquera plaxio será automaticamente un 0.
- Data de entrega: domingo, 31 de xaneiro.
-
Para que un texto estea correctamente elaborado ten que ser adecuado, coherente e ten que estar ben cohesionado. Neste documento podes ver a que se refire cada unha das propiedades textuais.