Section outline
-
Se o martes 16 tedes que facer a recuperación de Inglés facede os exercicios que atoparedes no ficheiro Review 1º ESO que está arriba. O luns 15 recibiredes unha invitación de Cisco Webex para a hora que xa vos asignei por correo electrónico.
Última semana do curso! Esta semana non vos vou pedir que me mandedes exercicios. Simplemente escollede entre as seguintes actividades e practicade co que máis vos guste.
Se queredes aprender máis sobre as historias e as biografías de personaxes importantes na cultura anglosaxona ide a British Council Short Stories.
Se vos gusta ler ide a Burlington Books e lede todo o que vos poda interesar.
Se queredes practicar inglés coa vosa música favorita, ide a Lyrics Training.
Se queredes practicar a gramática a través de xogos podedes en ESL Games World.
Se queredes ver vídeos en inglés podédelos encontrar en English Club ou en YouTube.
Recordade que podedes ver as vosas series favoritas da tele en inglés con subtítulos simplemente cambiando o audio no voso mando e activando os subtítulos. Aproveitade o verán para practicar o facer estas ou outras actividades, xa que aprenderedes sen esforzo!
Moitas gracias polo voso traballo nestes meses difíciles e espero que todo o que fixemos vos sirva para comezar o próximo curso con confianza e enerxía.
Have a lovely summer!