Un dos acordos do profesorado do IES Fontexería, dentro do Proxecto Lingüístico, refírese ás seguintes guías prácticas.
- Guía para a presentación de exames e cadernos.
- Guía para a elaboración e presentación de traballos escritos. Propoñemos un modelo que poderá ser empregado como guía nas diferentes materias. Este modelo recolle normas, criterios e consellos a ter en conta co obxectivo de mellorar a presentación e o contido dos traballos escritos elaborados polo alumnado.