Non sempre é doado facer un mantemento manual do equipo. Ademais do visto no apartado anterior, pode ser necesario limpar o rexistro de Windows ou limpar o inicio, que son tarefas máis complicadas. Por iso, cando o equipo acumula tempo de uso, hai que empregar un programa de optimización.
En canto á limpeza do rexistro é unha operación moi delicada que normalmente estropea máis que arranxa.
Hai optimizadores de pago e gratuítos. Os de pago non son caros e pódese programar un mantemento automático.