Section outline

  • Un dos usos máis estendidos de Internet é a busca de información útil. Non obstante, a súa localización non resulta sempre unha tarefa doada debido á grande cantidade de datos existentes na rede.

    Calcúlase que na actualidade existen máis de 7.500 millóns de páxinas web con información, segundo WorldWideWebSize.com

    Non se trata só da grande dimensión da rede e da grande cantidade de páxinas que contén, ademais a información non está filtrada (en Internet hai contidos de boa e mala calidade, todos mesturados).

    Por iso debemos coñecer maneiras de optimizar a nosa busca.

    Aprender a buscar