Formas de que o alumnado acceda ao noso curso. Automatriculación
Requisitos do completado
Como pode acceder o alumnado ao nosos cursos
Hai tres métodos para que o alumnado acceda ao nosos cursos
- Matriculacións manuais: o profesor matricula aos alumnos na súa aula, de entre os que están na base de datos da aula virtual do centro.
- Acceso como convidado: pode acceder á aula calquera persoa, estea identificada ou non, non poderá realizar ningunha actividade.
- Automatriculación (Estudante): automatricularse todo o alumnado que estea na base de datos da aula virtual do centro
Poden elixirse un o varios métodos de matrícula.
- O habitual, e o que aparece por defecto ao crear un curso, é "Matriculacións manuais" porque así é o profesor o que controla quen pode acceder ao curso.
- O método de "Acceso como convidado" sería para convertir o curso en público e que calquera persoa poida acceder, incluso persoas alleas ao centro.
- O método de "Automatriculación" utilizaríase en cursos abertos e voluntarios para os estudantes do centro, ou para aliviar o traballo do profesor á hora de inscribir ao alumnado. Iso sí, o profesor perde o control sobre quen se matricula (aínda que sempre pode dar de baixa a calquera estudante). Só o alumnado do centro pode automatricularse.
Para configurar o método de matriculación nun curso
- No bloque "Administración" abrimos os menús "Administración do curso - Usuarios", prememos en "Métodos de matriculación"
- Na columna "Editar" do método de matriculación que queremos modificar, podemos: Eliminar, Activar/Desactivar, Matricular usuarios e Editar
Última modificación: martes, 12 de maio de 2020, 3:00 PM