Os roles de usuario na aula virtual do noso centro
Para comprender un pouco os roles de usuario na nosa aula virtual
En Moodle existen diferentes roles de usuario e a cada rol asígnaselle un determinado conxunto de permisos, de maneira que os usuarios que asumen un determinado rol asumen tamén os permisos especificados para ese rol en concreto.
O administrador de cada aula virtual (Moodle) pode cambiar ou personalizar tanto os roles predeterminados como o conxunto de permisos asignados a cada rol.
Os roles configurados na nosa aula virtual son:
- Administrador
- Creador de curso, pode crear cursos, editalos e avaliar neles
- Profesor, pode editar e avaliar nun curso
- Profesor sen edición, pode avaliar nun curso, pero non editalo
- Estudante, pode acceder e interactuar nun curso
- Convidado, non se logueou con nome e contrasinal, poder ver pero non interactuar nun curso
- Usuario autenticado, calquera dos anteriores, menos o convidado
Os alumnos teñen sempre o rol de "Estudante"
Na nosa aula virtual todo o profesorado do centro é Creador de curso. O rol de Creador de curso asígnao o Administrador, pero o profesorado pode asignarlle o rol de Profesor ou Profesor sen edición a outros profesores do centro para que impartan docencia na súa aula. Para iso, só teñen que matriculalos no curso asignándolles o rol de Profesor ou Profesor sen edición.
O profesorado tamén pode asignarlle o rol de Estudante a outros profesores/as do centro matriculándoos no curso e asignándolles o rol de Estudante (que é o que fixen eu neste curso de formación)