Nova tarefa para engadir recursos

Nova tarefa para engadir recursos

por Ana Profe -
Número de respostas: 0

Bo día!. Estes días creastes os vosos cursos e probastes os diferentes métodos de matriculación, bo traballo. Se aínda non o fixestes, automatriculádevos no curso da persoa seguinte na listaxe  (se aínda non ten creado o curso, na seguinte máis).

Agora chegou o momento de dotar de contido aos cursos de proba, así que xa tedes dispoñible novo material coa tarefa correspondente na aula virtual.

Pode parecer que hai moita información, pero en realidade engadir recursos ás vosas aulas é moi sinxelo. Propóñovos 5 recursos diferentes, pero se non queredes probalos todos  (aínda que o recomendo) escollede tres deles para incorporalos.

Calquera cousiña, podedes publicala aquí ou no grupo de Whatsapp.