Section outline

    • Unha actividade é un obxecto no que o profesorado solicita ao seu alumnado que realice algunha acción de forma activa.

      Pasos a seguir para engadir unha actividade

      • Ten que estar activada a edición, se non o está, tedes que premer na opción "Activar edición" situada no menú da esquerda.

      • Situámonos ao final do tema no que queremos engadir a actividade. Seleccionamos o tipo de actividade que queremos engadir na lista despregable "Engadir unha actividade".
      • Ábrese unha pantalla na que configuraremos a actividade.
      • Prememos no botón "Gardar e volver ao curso" situado ao final da páxina
    • Tarefa

    • As tarefas proporcionan unha ferramenta a través da cal o alumnado pode enviar o seu traballo para que o profesorado o cualifique e lle proporcione retroalimentación. Isto aforra papel e pode resultar máis cómodo que o email.