Un recurso é un obxecto no que o profesor/a mostra información ao seu alumnado para guiar a súa aprendizaxe
Pasos a seguir para engadir un recurso:
Ten que estar activada a edición, se non o está, tedes que premer na opción "Activar edición" situada no menú da esquerda.
Situámonos ao final do tema no que queremos engadir o recurso. Seleccionamos o tipo de recurso que queremos engadir na lista despregable "Engadir un recurso..".
Ábrese unha pantalla na que configuraremos o recurso.
Prememos no botón "Gardar e volver ao curso" situado ao final da páxina
O recurso "Etiqueta" é un texto que se habitualmente para poñer títulos ou para mostrar información. Engádese usando a opción "Engadir un recurso... - Etiqueta"
Os títulos en verde e este mesmo texto son etiquetas
O recurso "Ficheiro" emprégase para que os usuarios accedan a un documento. Cando engadades un ficheiro procurade que sexa en formato pdf, se engadides un ficheiro doutro tipo pode que non todo o mundo poida abrilo. Engádense usando a opción "Engadir un recurso... - Ficheiro"
O recurso "URL" emprégase para abrir unha páxina web externa que contén información que lle queremos mostrar ao alumnado. Engádese usando a opción "Engadir un recurso... - URL"
O recurso "Cartafol" emprégase para ter un lugar onde gardar varios documentos aos que poden acceder os usuarios da aula. Dentro dun cartafol poden ooñerse varios cartafoles para organizar mellor os arquivos. Engádese usando a opción "Engadir un recurso... - Cartafol"
O recurso "Páxina" emprégase para crear unha páxina web na que se pode engadir texto, imaxes ou mesmo vídeos. Engádese usando a opción "Engadir un recurso... - Páxina"