Opciones de matriculación

No curso estará matriculado o alumnado de segundo curso do C.S. Asistencia á dirección que ten pendente o módulo de PIAC.

Dado que, a diferencia do alumnado que ten pendente este módulo no C.S. de Administración e finanzas, que no segundo curso ten módulos como Contabilidade e fiscalidade, Xestión financeira ou Xestión loxística e comercial..., onde volve a estudar os contidos do módulo de PIAC mais ampliados, o alumnado que está nas mesmas condicións do C.S. de Asistencia á dirección non ten ningún módulo que sexa continuación de ningunha das partes das que consta o temario do módulo de PIAC, sendo os módulos que cursan Protocolo empresarial, Organización de eventos empresariais ou Xestión avanzada da información.

Son estas ás razóns que nos impulsan a crear un curso na aula virtual para facilitar a superación dos contidos de PIAC do alumnado pendente, para que non dependa unicamente dun exame,  senón tamén do traballo que realicen durante estes dous trimestres (ou tres se fose o caso), de forma que poidan repasar os contidos do módulo a través de exercicios.

Neste curso estará matriculado o alumnado de segundo de “ADI” que ten pendente PIAC. Nel repasaremos os contidos do módulo a través de tarefas sobre Contabilidade, matemáticas financeiras, xestión de almacén, documentación da compravenda, documentación de cobros e pagos, o IVE...

Los invitados no pueden entrar a este curso. Por favor acceda con sus datos.