Veremos neste curso os distintos modos de comunicación empresarial e a sua importancia,

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar as tarefas administrativas nos procesos de selección, formación e promoción do persoal, así como coordinar os fluxos de información que se xeren, contribuíndo ao desenvolvemento dunha adecuada xestión dos recursos humanos, con aplicación dos principios de ética e responsabilidade social e corporativa propios das organizacións. 

A función de realizar tarefas administrativas nos procesos de selección, formación e promoción do persoal abrangue aspectos como: 

– Control da normativa que regula os dereitos e as obrigas dos traballadores e as traballadoras, e da parte empresarial. 

– Coordinación dos fluxos de información que se xeran na empresa en materia de xestión de persoal e das relacións laborais. 

– Xestión administrativa dos procesos de selección, formación e promoción do persoal.

"Xestión da Documentación Xurídica e Empresarial CSAF1 25/26", de Venancio Serrano Lorenzo, publícase baixo a licenza CC BY-NC-SA 4.0. Quedan fóra desta licenza os textos, imaxes ou recursos que manteñen a súa propia licenza (ligazóns a páxinas web externas).

Úsanse imaxes e recursos publicados no Dominio público ou con licenza CC BY, CC BY-NC-SA ou CC BY-NC propios e/ou alleos, tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao "Dereito de cita" do artigo 32 (Citas e reseñas e ilustración con fins educativos ou de investigación científica) do Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes sobre la materia, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas web, indicando a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados, dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe ou recurso con dereitos reservados non atribuído correctamente, agradecemos que nolo informe para retiralo ou corrixilo.