Dereitos de autor
A propiedade industrial refírese a produtos e deseños que están protexidos nivel nacional por tempo limitado (10-20 anos) tras o seu rexistro en entidades adicadas á protección dos mesmos. As patentes ® e as marcas ™ son os distintivos que caracterizan á propiedade industrial.
A diferenza da propiedade industrial, a propiedade intelectual dunha publicación, recurso ou obra é da persoa que a crea. Non precisa de declaración, inscrición nin de ningún trámite e ten alcance mundial. Conleva os seguintes dereitos:
- morales, que nunca pode perder nin ceder a terceiros:
- decidir como se lle debe recoñecer a súa autoría.
- decidir se a obra pode ser divulgada e como.
- decidir sobre a integridade da obra.
- participar nos beneficios das revenda da obra (se cedera a súa explotación a terceiros).
- revocar unha cesión pasado un prazo de tempo.
- patrimoniais, que pódense ceder ou autorizar a terceiros (aínda que pasado un tempo pódense revocar):
- decidir sobre o tipo de obras que se poden derivar dela e con qué cambios.
- decidir sobre onde e como se reproducen e como se distribúen.
- percibir remuneración pola explotación comercial desa obra.
Un autor pode disfrutar todos estes dereitos namentres estea con vida, é o que se chama o copyright ©. Á súa morte os dereitos patrimoniais transmítense aos herdeiros do autor, ou a quen os tivera cedido. Pasados 70 anos dende a morte do autor a obra pasa a ser de dominio público. Nas obras de dominio público se mantén a obriga de citar a fonte e o autor, e de respectar a súa integridade.
No caso das obras nas que o autor é unha entidade xurídica, pasan a dominio público pasados 70 anos dende a súa distribución.
Porén, un autor pode voluntariamente renunciar aos seus dereitos patrimoniais otorgándolles unha licenza de uso. Neste caso podería ser unha renuncia total, o ofrecemento a dominio público (licenza CC0), ou ben unha renuncia parcial e matizada, unha Licencia Creative Commons (CC). A licenza copyleft serían un tipo de licenza creative commons, a que máis liberdades outorga, pero sen renunciar á obriga das obras derivada de manter a mesma licenza.
![]()
Marko Txopitea "Txopi", CC0, via Wikimedia Commons
Licenzas Creative Commons
Nas licenzas creatives commons sempre é obrigatorio a atribución da autoría e fonte (BY). Se non se coñece o nome da obra e do autor, pódese poñer unha ligazón a onde se atopou. Ademais é posible combinar esa obriga con unha ou máis das seguintes, resultando así ata 6 combinacións posibles:
- NC. Non comercial, pódese usar se non se obtén réditos económicos coa obra resultante.
- ND. Sen obras derivada, pódese usar pero coa condición de non alterar a obra orixinal.
- SA. Compartir da mesma forma, no caso de usar esa obra, a resultante debe compartirse coa mesma licenza CC.
Como declarar a licenza de uso das obras
Non é obrigatorio declarar o tipo de licenza dunha obra. Por iso, se non pon nada específico, suponse que ten unha licenza de tipo copyright. Porén, se o autor quere donar a obra ao dominio público ou que teña unha licenza de tipo copyleft ou CC, debería indicalo para que as persoas interesadas puideran facer uso da obra nos termos autorizados.
Para facelo pódese:
- incluír un aviso no corpo da obra (títulos de crédito, metadatos ou nalgunha parte da obra).
- incluir un aviso próximo ao lugar onde está accesible a obra: ao pé da mesma, na mesma páxina web, etc
- almacenar ou distribuir a obra en ferramentas que inclúen a posibilidade de indicar a licenza: youtube, vimeo, slideshare, flickr, soundtrack, bandcamp, agueiro, wikimedia commons, etc
Para crear os avisos con iconas e formatos estandarizados existen exemplos e incluso ferramentas gratuítas online. Por regra xeral, os avisos deben indicar:
- Nome da obra
- Autor(es)
- Tipo de licenza
- Datos adicionais:
- se a obra derívase de unha ou varias, nese caso o recoñecemento da(s) obra(s) orixinal(is).
- se quérese conceder dereitos adicionais aos xa incluídos na licenza.
- se hai varios autores (non mencionados)
Como empregar obras sen copyright
Se quérese empregar total ou parcialmente unha obra publicada cunha licenza CC ou copyleft, ademais de respectar as condicións que establece a licenza, deberá incluirse a atribución á obra fonte.
De xeito análogo á declaración da licenza de uso, as atribucións pódense incluir no interior das novas obras onde se empregan ou nalgún lugar próximo a elas. O texto dunha atribución debería seguir o seguinte formato:
- Título da obra, se é que se coñece.
- Autor(es).
- Tipo de licenza
- Datos adicionais:
- se modificouse a obra orixinal un aviso.
- lugar onde localizar a obra orixinal: ligazón, ano e lugar de publicación, etc
- lugar onde localizar ao autor: ligazón.
Hai diversos exemplos na páxina web de creative commons.
Usos permitidos de obras con copyright sen permiso do autor
En España a propiedade intelectual reguluose co RD 1/1996, de 12 de abril,polo RD 21/2014, de 4 de noviembre. En particular o centro Español de dereitos reprográficos é o organismo encargado de velar polo cumplimento de ambas e de aclarar as dúbidas da súa aplicación.
Permítese o uso de obras, que non sexan libros de texto ou manuais universitarios, xa divulgadas, indicando a fonte e o nome do autor, para fins educativos ou de investigación:
- fragmentos de obras de natureza escrita, sonora ou audiovisual, a título de cita ou para a súa análise, comentario ou xuízo crítico.
- fragmentos de obras de carácter plástico ou fotográfico, cando non sexan para libros de texto ou asimilados.
Máis alá do anterior, tamén permitese o uso de obras divulgadas sen permiso do autor:
- fragmentos de libros de texto ou manuais universitarios en exposicións públicas do profesorado da educación regrada (nas clases presenciais ou na rede) sempre que o alumnado non poida facerse con eles.
- no caso de que teñan relación con temas de actualidade e para fins de tipo periodístico, se non se fixo constar en orixe a reserva de dereitos e sen prexuízo do dereito do autor para percibir a remuneración acordada ou, en defecto de acordo, a que se estime equitativa e de ser citado o autor e fonte.
- obras situadas permanentemente en parques, rúas, prazas ou outras vías públicas por medio de pinturas, debuxos, fotografías e procedementos audiovisuais.
- As copias:
- para uso privado (nin para reprodución colectiva nin con obxecto lucrativo) a partir de obras obtidas legalmente. As obras das que se permiten copias privadas son todas excepto ás de software, bases de datos nin ás que se accede á súa difusión con arreglo a un contrato ou pago.
- para seguridade pública e procedementos oficiais.
- para discapacitados.
Penas por non respectar os dereitos de autor
Será castigado coa pena de prisión de seis meses a catro anos e multa de 12 a 24 meses quen, con ánimo de obter un beneficio económico directo ou indirecto e en prexuízo de terceiro, reproduza, plaxie, distribúa, comunique publicamente ou de calquera outro modo explote economicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a autorización dos titulares dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual ou dos seus cesionarios.
No caso de que só haxa dano moral, procederá a súa indemnización, aínda non probada a existencia de prexuízo económico. A acción prescribirá aos 5 anos.