D.U.A Material adicional de consulta.

1. INFORMACIÓN BÁSICA PARA COMENZAR

1.8. CONCLUSIÓNS.

A eficacia pasa polo deseño de entornos educativos flexibles que respondan á variabilidade dos alumnos-as utilizando unha amplia gama de solucións con alta e baixa carga tecnolóxica. Moitas tecnoloxías teñen os mesmos problemas de accesibilidade que as opcións non tecnolóxicas. O obxectivo é crear entornos nos que todo o mundo teña oportunidades e os medios para conseguilo, sexan tecnolóxicos ou non, deben ser flexibles.

En resumo, o término DESEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXE refírese a un marco científicamente válido para guiar a práctica educativa:

a) Proporciona flexibilidade nas formas nas que a información é presentada, nos modos nos que os alumnos-as responden ou demostran os seus coñecementos e habilidades, e nas maneiras nas que os alumnos-as son motivados e se compremeten coa súa propia aprendizaxe.

b) Reduce as barreiras na ensinanza, proporciona adaptaciones, apoios e desafíos apropiados, e mantén altas expectativas de logro para todos-as, incluíndo aqueles-as con discapacidades e aos que se atopan limitados por calquera razón.