D.U.A Material adicional de consulta.

4. FERRAMENTAS TIC no D.U.A.

Unha das consignas predominantes no DUA é combinar o uso de múltiples medios para que os diferentes alumnos-as accedan á información por varias vías (visual, auditiva o táctil,….).

O uso das TIC é estrictamente necesario para poder implementar o enfoque DUA. Posibilidades de personalización, de presentación da información en múltiples formatos e de expresión de formas diversas por parte do alumnado.

As TIC posúen unha flexibilidade inherente que ao DUA vaille moi bien para atender á diversidade. Flexibilidade que se constata en catro características principais:

Característica

Descripción

Exemplos

Versatilidade

Capacidade para mostrar a información en múltiples formatos (texto, audio, imaxes, vídeos) e para combinalos.

- Incluir subtítulos nun vídeo.

- Presentar información a través dun texto y tamén cunha pista de audio.

TRANSFORMABILIDADE

Tranformacións dentro dun medio

Capacidade para facer axustes na forma en que se presentan dun medio a outro.

- Aumentar ou disminuir a velocidade de reproducción ou volume dun audio ou vídeo.

- Modificar o tamaño do texto dunha web.

Transformacións de medio a medio.

Capacidade para transferir o contido dun medio a outro.

- Conversor texto-audio (“text-to-speech”) ou viceversa.

- Impresoras 3D que transforman deseños dixitais en obxectos tridimensionais.

Capacidade para ser marcados.

Posibilidade de resaltar ou marcar contidos ao gusto. A diferencia dos medios tradicionas, os marcadores poden mostrarse, agocharse, modificarse, eliminarse, diferenciarse según as capacidades ou o estado de aprendizaxe dos alumnos-as,….

- Resaltar texto en cor, en cursiva, en negrita,…

- Ferramienta para facer comentarios nun procesador de texto.

- Reproductores de vídeo que permiten facer marcas de posición.

Capacidade para ser postos na rede.

Posibilidade de interrelacionar uns contidos con outros, permitindo pasar duns a outros case instantáneamente.

- Hipervínculos a outras partes dun documento ou a unha páxina web ou vídeo.

- Enlaces a diccionarios (glosarios) ou traductores simultáneos incorporados.

RODA FERRAMENTAS TIC ao servizo do DUA