D.U.A Material adicional de consulta.

1. INFORMACIÓN BÁSICA PARA COMENZAR

1.4. OBXECTIVOS

OBXECTIVOS. Definilos de xeito que recoñezan a variabilidade entre os alumnos-as e se diferencien os obxectivos dos medios para alcanzalos.

EXEMPLO: obxectivo: “Realizar unha exposición oral sobre o ciclo da auga a partir da lectura dun texto”. (A propia redacción podería excluir de facto a moitos alumnos-as. E os que se poñen nerviosos-as?,… e os que teñen problemas para decodificar un texto?).

Os obxectivos que se especifican con moita precisión limitan as estratexias posibles para alcanzalos, suprimindo as solucións creativas e limitando o número de persoas que poden intentar logralo”. (Rose e Meyer, 2002).