Section outline

    • Son ensinanzas especiais porque teñen condicións especiais de acceso, son regradas e oficiais, destinadas á obtención do título de técnico e técnico superior deportivo.
      Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores e técnicos deportivos nunha modalidade ou especialidade deportiva.

    • Estas ensinazas poden ser:

      • Regradas: cúrsanse nos Conservatorios profesionais/Superiores de Música e/ou Danza.(Obtense un título oficial)
      • Non regradas: cúrsanse nas Escolas de música e danza.(Obtense un certificado)

      Organízanse en ciclos de diferente duración. 

    • Son ensinanzas superiores equivalentes a un grao universitario. Será preciso superar unha proba de acceso para acceder a ditas ensinanzas. Cúrsanse na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e teñen 3 especialidaes: ESCENOGRAFÍA, INTERPRETACIÓN E DIRECCIÓN ESCÉNICA E DRAMATURXIA.

    • Esta é a páxina da Escola, onde podedes consultar todo o referido ás tres especialidades, materias que se imparten nos diferentes cursos, modelos de probas de acceso e todo o relativo ás novas relacionadas coa escola.

    • Estes estudos contemplan as seguintes ensinanzas:

      • Os ciclos medios e superiores de artes plásticas e deseño. (Acceso: Título ESO/BAC + Proba Específica)
      •  Estudos superiores de Deseño. (Acceso: Título Técnico Superior Artes Plásticas ou Título de BAC+ Proba específica).
      • Estudos de conservación e restauración de bens culturais. (Acceso:Título Técnico Superior Artes Plásticas ou Título de BAC+ Proba específica).