O módulo profesional de Destrezas Sociais contén a formación necesaria para que o alumnado adquira as habilidades sociais necesarias para desenvolver con rigor profesional unha profesión de coidado e interactuar adecuadamente nas súas relacións profesionais, sociais e persoais con outras persoas, adaptando o seu traballo e comportamento ás características e necesidades das persoas usuarias e do seu contexto.