🌐 Condicións de uso da plataforma AGUEIRO
Agueiro é unha plataforma corporativa exclusivamente educativa, dirixida a centros non universitarios de Galicia. Trátase dun espazo seguro, fiable e controlado para crear e compartir os teus contidos, crear grupos e realizar traballo colaborativo.
🧑🏫👩🎓 Quen pode usala?
Só profesorado e alumnado con conta corporativa vinculada a un centro educativo galego.
📌 Normas de uso:
✅ Uso educativo exclusivamente.
❌ Non se permite o uso comercial, político, relixioso ou con ánimo de lucro.
❌ Non se permite a promoción de contidos sen finalidade educativa.
🛑 Comportamentos non permitidos:
-
Intimidación, ameazas, acoso ou actitudes irrespectuosas.
-
Publicación de contidos que vulneren a propiedade intelectual, a protección de datos ou os dereitos dixitais.
-
Difusión de materiais que comprometan a integridade moral ou os dereitos de menores e outras persoas usuarias.
🔒 Responsabilidade do usuario/a:
-
Realizar copias de seguridade dos seus propios contidos.
-
Empregar a plataforma sempre dentro da legalidade e da finalidade establecida.
⚠️ O incumprimento destas condicións pode implicar:
-
Bloqueo ou cancelación da conta.
-
Expulsión inmediata da plataforma.
-
Accións sancionadoras ou legais por parte de AMTEGA e da Consellería de Educación.