🛡️ Seguridade da información na contorna física de traballo
A protección da información non só depende da tecnoloxía (contrasinais, antivirus...), senón tamén do espazo físico onde traballas.
🔐 Boas prácticas para un posto de traballo seguro:
👁️🗨️ Confidencialidade do espazo de traballo
-
Sitúa a pantalla para evitar miradas alleas (zonas de paso, cámaras ou fiestras).
-
Bloquea o equipo cada vez que te ausentes.
-
Non deixes documentos con datos sensibles á vista.
📄 Protección da información laboral
-
Vai recoller persoalmente os documentos sensibles á impresora.
-
Non compartas nin comentes información confidencial fóra do ámbito profesional.
🚷 Control do acceso físico
-
Non prestes a túa tarxeta, chave ou identificador a outras persoas.
-
Se ves persoas descoñecidas sen acompañante en zonas restrinxidas, avisa ao persoal responsable.
📌 Lembra: a seguridade da información deféndese nos equipos... e tamén fóra deles.
📩 Precisas axuda?
Contacta coa Unidade de Atención a Centros (UAC):
✉️ uac@edu.xunta.gal
📞 881 997 701