🔐 Boas prácticas para a xestión segura de credenciais
As túas credenciais (usuario + contrasinal) son a chave da túa contorna dixital profesional. Se alguén accede a elas sen autorización, pon en risco a túa seguridade e a do sistema.
🛡️ Seguindo estas boas prácticas, contribúes á protección común:
1️⃣ Non compartas nunca as túas credenciais. Se precisas ausentarte, solicita á persoa responsable que habilite un/a substituto/a co seu propio acceso.
2️⃣ Non reutilices as credenciais corporativas en servizos alleos ao ámbito laboral.
3️⃣ Crea contrasinais longos e complexos. Evita nomes, datas ou palabras comúns.
4️⃣ Emprega un xestor de contrasinais seguro. Non anotes claves en papel nin en ficheiros sen protección.
5️⃣ Evita gardar contrasinais automaticamente ou sincronizalos entre contas/dispositivos de terceiros.
6️⃣ Sospeitas dunha filtración? Cambia o contrasinal de inmediato.
7️⃣ Activa o dobre factor de autenticación sempre que poidas.
8️⃣ Se usas certificados dixitais en software, protexe a clave privada e activa o nivel de seguridade Alto. Pide axuda técnica se o precisas.
9️⃣ Se dispós dunha tarxeta de empregado/a público/a, custódiaa con coidado, non a compartas e retíraa do lector cando non a uses.
🔎 Máis consellos en: ciberseguridadegalicia.gal
📞 Contacto coa UAC:
✉️ uac@edu.xunta.gal
📱 881 99 77 01