Salta al contenido principal
AV_IES_EDUARDO-PONDAL
  • Página Principal
  • Calendario
  • Más
Español - Internacional ‎(es)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎ Português - Portugal ‎(pt)‎
En este momento está usando el acceso para invitados
Acceder
AV_IES_EDUARDO-PONDAL
Página Principal Calendario
Expandir todo Colapsar todo
  1. Área personal
  2. GR_1BAC
  3. 1ª AVALIACIÓN
  4. FACEMOS ÓSTRACA. 2ª aval.

FACEMOS ÓSTRACA. 2ª aval.

Requisitos de finalización
Apertura: sábado, 5 de octubre de 2024, 00:00
Cierre: martes, 17 de junio de 2025, 00:00

Óstracon ou óstrakon (do grego: ὄστρακον, plural ὄστρακα) é unha cuncha ou fragmento de cerámica sobre o que se escribía.

En arqueoloxía emprégase o termo óstracon para designar os anacos de cerámica que se utilizaban como borradores para aprender a escribir ou pintar. Os óstraca son moi numerosos e é unha fonte de información moi útil.

En Atenas cando algún político se consideraba perigroso para a cidade, podía ser condenado ao desterro. Isto decidíase nunha asemblea na que cada participante escribía nun anaco de cerámica ou óstracon o nome da persoa en cuestión, de aí o termo ostracismo, o procedemento polo que se procedía ao desterro se un número suficiente de cidadáns votara polo exilio.

Nós imos facer os nosos propios óstraca do seguinte xeito.

- Rompemos unha maceta, previamente pintada cunha cor escura en pedazos non moi pequenos.

- Rascando cun punzón, cada quen deberá facer dous óstraca:

- Un con nome en maiúsculas

- Outro cun aforismo ou sentenza curta, en grego que pode estar escrita en minúsculas, aínda que é preferible que sexa en maiúsculas.

Unha vez rematados os aforismos, cada alumna/o escribirá nun pedaciño de papel tipo pergameu  a tradución e significado do seu aforismo. 

Todos os óstraca serán expostos no vestíbulo do instituto xunto coas súas traducións durante o mes de outubro.

En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)
Resumen de retención de datos
Políticas
Descargar la app para dispositivos móviles
Desarrollado por Moodle