Exame de pendentes latín I. Luns 7 de abril (hora de clase)
Contidos de lingua:
- Tradución de texto: Textos introductorios do Caderno de traballo de latín II: Prometeo, a espada de Damocles, Un amo moi cruel (2 puntos)
- Análise morfolóxica e sintáctica dunha parte do texto (2 puntos)
- Declinación de substantivos e adxectivos de calquera declinación e/ou de pronomes persoais, demostrativos, indefinidos ou relativo, sinalando a función sintáctica dalgúns casos. (3 puntos)
- Conxugación de tempos verbais en indicativo en voz activa ou pasiva. (1 punto)
Para a realización deste exame é necesario un dicionario de latín.
Contidos de cultura:
- Pregunta de Historia sobre Monarquía ou República: (1 punto)
- Forma de goberno e principais carácterísticas da Monarquía
- Quen foron os Etruscos
- Saber explicar as siglas SPQR e cal é a función de cada un destes órganos.
- Principais fitos da loita de crases entre plebeos e patricios: (Lei das XII táboas e conquistas que van facendo os Plebeos)
- Cursus honorum: en que consistía.
- Expansión de Roma: Guerras Púnicas e Guerras das Gallias
- Final da República. Como se produce
- Pregunta sobre Comedia Romana: personaxes tipo en Plauto, cos seus nomes en latín, exemplificando con algunha comedia (Xemelgos, Miles gloriosus...) (1 punto)
- 27 de abril de 2025, 5:44 PM