Tradución en casa e clase. 2ª Avaliación.
Por cada día que se traia a tradución feita (mínimo de 2 liñas) poderá obterse ata 1 punto (0,5 pola tradución + 0,5 polas análises) e acumular ata un máximo de 10 puntos na avaliación.
Esta será a tarefa que máis pondere da avaliación, pois o seu peso será o 50% das tarefas, polo que supón 1,5 puntos da nota global. (As tarefas puntúan un 30% e os exames un 70%).
Entrega de tradución venres 14 de febreiro:
Texto 5: DESCRICIÓN DA REXIÓN DA MARXE DEREITA DO ÉUFRATES. Anábase, 1.5.1 de Xenofonte
Puntuación máxima: 8 puntos (4 tradución + 4 análises morfolóxica e sintáctica).
Se hai claros indicios de copia nas traducións ou análises, non se correxirá a tarefa. As análises deben ser coherentes e erros básicos en declinacións e funcións sintácticas anularán por completo a puntuación neste apartado.
- 16 de febreiro de 2025, 10:30 PM