Ir ao contido principal
AV_IES_EDUARDO-PONDAL
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎ Português - Portugal ‎(pt)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV_IES_EDUARDO-PONDAL
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. LAT_4ESO
  3. 2ª AVALIACIÓN
  4. Lecturas voluntarias. 2ª avaliación.

Lecturas voluntarias. 2ª avaliación.

Requisitos do completado
Abertas: martes, 17 de decembro de 2024, 2:35 PM
Pendente: martes, 18 de marzo de 2025, 2:35 PM

Datas de exposición oral:

 

Características do traballo:

Poderanse facer unha lectura por avaliación, a escoller neste listado de lecturas e películas. Se a lectura non está neste listado, débese consultar antes coa profesora.

Moitas destas lecturas poderán atoparse na biblioteca do centro. A profesora poderá facilitar a maioría das que non se atopen na biblioteca.

Deberase comunicar á profesora a lectura escollida con antelación suficiente (un mínimo de 15 antes de que remate a avaliación) para poder fixar un día para a exposición oral na aula, que non deberá superar os 15 mm. de duración.

A exposición pode ir acompañada de recursos TICs: presentación, video, Prezzi, podcast...

Na exposición debe facerse un resumo da obra escollida, que debe seguir o seguinte esquema:

 1. Datos do libro

Título

Autor/es

Editorial

Xénero (cómic, novela, teatro…)

2. Resumo: non debe superar nunca as vinte liñas

- Contexto: onde? cando?. O lugar e a época na que transcorre a acción.

- Descrición (breve) do personaxe/s principal: Quen?

- Desenvolvemento da acción: como? O argumento da obra

3. Opinión persoal:

- Fíxome en aspectos do libro e coméntoos:

. estilo do autor/a

. temas que trata e como os trata

. sé é un cómic: debuxos, texto e a súa relación

. se é unha obra non ambientada nas antigas Grecia e Roma, comento o seu referente clásico

. analizo a súa mensaxe

- Gustoume porque.../ Non me gustou porque...

- Se coñezo outras versións da obra ou outros formatos dela (película, novela, cómic, vídeo, peza teatral...) coméntoo brevemente e compároo.

4. Imaxes: da portada ou de páxinas que me gustaron, ou aquelas que consideramos que resumen o espírito da obra.

5. Fontes: se consultei algún libro ou páxina na rede, cítoo ao final do esquema

IMPORTANTE: se se detecta calquera tipo de copia literal ou reproducción directa de contidos da rede ou de outras fontes, a puntuación será 0.

- Nesta presentación podes atopar axuda para facer este traballo (ampliar)

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle