Traballo voluntario: Vídeo sobre algún edificio da antiga Roma, antiga Grecia, termas romanas... e mundo clásico en xeral.
Esta é unha tarefa voluntaria para o alumnado que participa na viaxe a Roma ou na viaxe a Andorra, que consiste en elaborar un vídeo sobre algún dos edificios da antigua Roma que aparecen abaixo enumerados.
O vídeo deberá ter as seguintes características:
- A súa duración será entre 1 e 3 mm.
- Deben aparecer imaxes nas que se aprecie ben o edificio e/ou algunha das súas partes máis destacables. Algunha desas imaxes debe mostrar que o autor/a está no edificio, se non se quere exhibir a imaxe nas RRSS a persoa pode saír de costas ou perfil, sen mostrar a cara.
- Debe facerse unha breve descrición do edificio na que, polo menos, se comenten os puntos que aparecen no guión de abaixo.
EDIFICIOS POSIBLES
Panteón
- Quen o mandou construír?
- A quen estaba dedicado e que significa o seu nome?
- Por que tivo que reconstruír o Panteón o emperador Hadriano?
- Sinala algunha característica da cúpula
- Quen está enterrado no panteón? (Explicar por que a palabra "panteón" pasou a significar sepultura para varias persoas)
* que sinto ante este edificio? que me inspira?
Columna Traxana
- A quen debe o seu nome esta columna, en que época foi emperador de Roma e sinalar que baixo o seu mandato o Imperio romano acadou a súa máxima expansión.
- Que quería conmemorar este monumento?
- Como é a decoración desta columna e que describe?
- Que función tiña a base desta columna?
- Poderías comentar algunha das escenas acercando o zoom?
* que sinto ante este edificio? que me inspira?
Coliseo
- Que tipo de edificio é o Coliseo? que significaba esta palabra grega? De onde vén o nome de Coliseo?
- Quen o mandou construír e en que época?
- Que capacidade tiña?
- Que tipo de espectáculos podían verse no coliseo?
* que sinto ante este edificio? que me inspira?
Circo Máximo
- En que época se construíu o circo máximo?
- Que capacidade tiña?
- Que tipo de espectáculos se podían ver no circo?
- Explica que era a spina e se pode ver nalgún sitio (Piazza do Popolo, o obelisco)
* que sinto ante este edificio? que me inspira?
Foro Romano
- Que era un foro, que se facía nel e onde se atopaba?
- Cita algún dos edificios que se poden ver no Foro Romano e, se é posible, sinálaos e di cal era a súa función.
-Templo de Vesta: que función tiña, quen eran as vestais. Houbo algunha vestal importante nas lendas de Roma.
- Arco de Tito: que función tiña esta construción e que conmemoraba.
* que sinto ante este edificio? que me inspira?
Termas Romanas (Para os/as que van á neve)
- Que eran as termas en Roma, que se facía nelas?
- Herdamos nós a cultura termal dos romanos? Que é Caldea? Explicar as posibles etimoloxías do termo SPA (dun acrónimo latino "Salus Per Aquam"/de Spa, cidade de Bélxica famosa polas súas augas curativas)
- Cales eras as partes das termas romanas? Cales desas partes pódense ver e disfrutar en Caldea?
*que me aportou a visita ás termas, como me sentín ao saír?