TRADUCIÓN EN CASA E CLASE. 1ª avaliación
Por cada día que se traia a tradución feita poderá obterse 1 punto (0,5 pola tradución + 0,5 polas análises), por cada 2 liñas de tradución, ata un máximo de 10 puntos.
Esta será a tarefa que máis pondere da avaliación, pois o seu peso será o 50% das tarefas, polo que supón 1,5 puntos da nota global. (As tarefas puntúan un 30% e os exames un 70%).
Á parte da tradución diaria, o alumnado poderá completar a puntuación neste apartado entregando textos propostos pola profesora. Estes textos terán unha puntuación máxima de 8 puntos, 4 pola tradución e 4 polas análises.
Dado o diferente nivel do alumnado, establécense dous textos diferentes:
- Noa, Aldara, Claudia, Eva, Alexandra, Hugo e Paula: Un amo moi cruel (páx. 8 caderno)
- Darianna, Brais, Sebas, Daniel, Diego, Adrián, Raúl: A espada de Damocles (páx. 5 caderno)
O prazo de entrega será o venres 15 de novembro ás 10.45.
Se hai claros indicios de copia nas traducións ou análises, ou as análises son incongruentes coa tradución, non se puntuará a tarefa.
- 19 de setembro de 2024, 9:28 PM
- 19 de setembro de 2024, 9:28 PM