Facemos unha estela funeraria romana
Despois de coñecer algunhas das estelas funerarias romanas da Gallaecia, tentamos facer a nosa propia estela funeraria romana, que deberá ter os seguintes elementos:
1. Motivo decorativo na parte superior, imitando as estales da Gallaecia. Pode ser un tirsquel, unha estrela, media lúa, figuras humanas... Podes consultar este documento para inspirarte.
2. Siglas. Debes poñer algunha das seguintes siglas
D.M.S: Diis Manibus Sacrum (Consagrado aos deuses Manes), ao principio do texto
S.T.T.L.: Sit Tibi Terra Levis (Que a terra te sexa leve), ao final do texto
3. Datos da defunta/o: Todo o texto debe ir escrito en maiúsculas. Tes dúas opcións:
a) Poñer o nome da persoa que dedica en nominativo (túa nai, teu pai, unha amiga/o, túa moza/o...) e a persoa defunta (ti) en dativo. Poñemos a palabra ANNORUM, en xenitivo, e a continuación cos teus anos en números romanos.
b) Poñer o nome do defunto/a en nominativo e logo poñer as siglas H.S.E. : Hic Situs/a Est "Está enterrado/a aquí". Se escolles este opción, non debes usar as siglas STTL
Nominativos: poden rematar en -US, -ER, -O, -IS (masculinos)/ -A, -IS (fem.)...
Dativos: en -O, -I (masculinos)/ -AE, -I (femeninos)
TEN EN CONTA QUE O BARRO QUE EMPREGUES DEBERÁ USARSE NO MESMO DÍA QUE SE ABRE O PAQUETE. Unha vez rematada, a peza eberá secar un mínimo de 24 horas.