Transcribo ao grego unha canción que me guste
Requisitos do completado
Abertas: mércores, 25 de setembro de 2024, 12:00 AM
Pendente: venres, 11 de outubro de 2024, 12:00 AM
Transcribo ao alfabeto grego unha canción que me guste (en galego ou castelán), tendo en conta:
- A canción debe ter un mínimo de vinte liñas, seis das cales deben ir en maiúsculas.
- Poño tamén o título da canción en alfabeto latino (para que a profe a localice facilmente)
- Teño en conta as normas de transcrición para os sons que non existen en grego: ñ= νι, ll=λι, ch= τσ, x (en toxo)= τζ
- Poño espíritos en todas as palabras que comecen por vogal. Espírito suave se non leva h-: ἀμόρ (amor), e áspero se leva h- ὅμες (homes)
- Tento poñer acentos correctamente, lembrando as normas vistas en clase. Recordo que, ao revés que o castelán e galego, o acento nunha vogal aberta rompe o diptongo e na pechada non. Ex: πάις = país/ παίς = pais.