Que pode suceder nunha clase Edixgal ou cos equipos?
P1- Non haxa conexión de Internet na casa.
S1- os equipos Edixgal veñen, dende Menú Aplicativos> Educación> cunha aplicación Eva Offline que deben abrila na aula para poder baixar os contidos ao ordenador e así poder estudar, facer tarefas e cando cheguen á clase abrir dende EVA Offline e correxir, uns momentos despois xa haberá unha sincronización ao conectarse á Wifi da aula e así permitirá que estén todo actulizado. Importante: os alumnos deben Saír da aplicación correctamente senón os cambios non quedarían gardados.
P2- Desaparecen do ordenador do profe todos os equipos dos alumnos na aplicación Epoptes.
S2- unha vez que os equipos dos alumnos se lles da unha dirección da Ip de clase, que non vai cambiar, normalmente se oculta e cada vez que o equipo do profe accede e actualiza o Epoptes comproba que os equipos funcionan e así pode interaccionar cos alumnos.
Se cambiamos de aula haberá nova IP de aula polo que non se podería conectar co ordenador do profe agás que coloque de novo a dirección IP.
Ás veces, pode que unha clase aínda tendo a IP do profe se desconecta eso pode ser por añgún fallo, cambio de configuración do equipo de profe, quizais que teñan os alumnos a maqueta diferente a do profes.
P3- Non funciona correctamente o editor de fórmulas nalgunha plataforma
S3- Un compañeiro informa de que na plataforma de libros de Aula Planeta non funciona correctamente o editor de ecuacións, informormouse a Premium, pero quen debe solucionalo é a empresa de Aula Planeta.
P4- Cómo evitar repetir un montón de veces os contidos en distintos grupos?
O profesor que de a mesma materia en catro grupos de 2º ESO , por exemplo, deberá xerar unha materia nova e poñer catro grupos , co cal terá que importar os usuarios a cada un dos grupos e así fará que os contidos.
P5- Hai que darlle as credenciais todos os anos ao principio de curso aos alumnos?
Si, o profesor titor, ou calquer profe que traballe no Eva Edixgal, pode darlle as credenciais dende Xestor de credenciais e tamén se alguén esquece o contrasinal.
P6- Dúas clases poden que compartan a mesma IP , por estar o punto de acceso no corredor, qué podería suceder?
En aplicacións como Samba ou Epoptes teríamos que ter coidado e non atender a clientes conectados , porque estarían dúas clases, senón soamente os alumnos que corresponden a nosa aula, e por eso que debemos ter configurados o noso grupo , nun particular.
P7- Comportamento do profesorado e do alumnado:
Un alumno debe traer convenientemente cargado o equipo á aula todos os días, cando trae o cargador na mochila, pode que aparezan outros problemas como que desapareza, se poda estropear por prestalo...as mochilas dos portátiles son de cada un.
Calquer profesor de garda ou da aula, pode chamar a atención ao alumnado e informar aos responsables do Centro de Edixgal, do estado do equipo, se así o observamos. Debemos saber que a docencia, que está cambiando debe atender a que o equipo é un elemento máis dentro da aula, non é o único.
Se estamos de garda e o profesor que falta non deixou traballo, podemos optar por non deixar os equipos, ou ben podemos empregar Epoptes como ferramenta para observar o que fan.
Avaliacións en grupo_ podemos avaliar por grupo e tamén podemos facer unha recuperación collendo unha categoría e que colla a nota con maior valor.