Estratexia de grupo
Умови завершення
Exemplo de posible estratexia de grupo.
O día da proba acudiremos todos ás catro menos cuarto provistos de bolígrafo, calculadora, regra, cartabón, compás, tesoiras e bolígrafo de reposto.
Tan pronto como nos entreguen o papel dos enunciados, coas tesoiras procederemos a separar os distintos problemas, cortando o folio e repartímolos.
O alumno A resolverá o problema 1.
O alumno B resolverá o problema 2.
O alumno C resolverá o problema 3...
Como hai máis alumnos que problemas, ten que quedar claro que alumnos van a resolver o mesmo problema.
Se levamos máis de 10 ou 12 minutos cun problema e non temos avanzado ou non vemos solución, porémolo enriba da mesa para que nos poidan axudar os que vaian acabando. Procuraremos non falar para non distraer aos compañeiros.
O alumno que remate o seu problema, explicaralle a solución ao encargado de por a solución no ordenador e de pasalo a limpo para que proceda, e dirixirase xunto a un compañeiro que estea atascado. Collerá o enunciado e empezará a resolvelo.
Cando todos os problemas estean resoltos, dous alumnos cambiarán de rol e pasarán a axudar na presentación das solucións.
Os cinco restantes intentarán resolver cada un outro problema distinto do que xa resolveran e cando o consigan comentarán a solución có primeiro autor. Se as solucións son distintas comentarán con un terceiro ou con todo o grupo.
Para a presentación, se temos un papel con un sitio determinado, faremos un borrador para axustarnos a ese sitio. Se temos folios brancos, faremos cada problema en un folio, por unha soa cara e respectando as marxes.
Lembrade que o máis importante é que todos os problemas se resolvan correctamente e as respostas inseridas no ordenador e logo que sexan ben explicados no papel, con varias solucións, se existen, etc.

Остання зміна: Tuesday 7 February 2017 12:58 PM