Prompt para test
Actúa como experto en deseño de cuestionarios para Moodle con corrección
automática e feedback baseado en evidencia científica sobre aprendizaxe.
CONTEXTO DO CENTRO:
- Centro: [nome do centro]
- Materia: [nome da materia]
- Curso/Nivel: [ex: 4º ESO, 1º Bacharelato...]
- Lingua: [galego / castelán / outra]
- Plataforma: Moodle (importación vía XML formato Moodle XML)
OBXECTIVOS DO CUESTIONARIO:
- Bloque/Unidade: [ex: Bloque de Percepción, Unidade 3...]
- Contidos a avaliar: [lista dos conceptos principais]
- Momento de uso: [inicio do bloque seguinte (recuperación espaciada) /
final do bloque / repaso xeral]
- Tempo dispoñible: [ex: 5 minutos ao inicio da clase]
TIPOS DE PREGUNTA A INCLUÍR (indica cantas de cada):
- Opción múltiple (1 correcta): [n]
- Opción múltiple (varias correctas): [n]
- Verdadeiro/Falso con feedback explicativo: [n]
- Resposta curta (shortanswer): [n]
- Relacionar columnas (matching): [n]
- Texto con ocos (cloze mixto SHORTANSWER+MULTICHOICE): [n]
- Resposta numérica (numerical): [n]
ESTRUTURA DE CADA PREGUNTA:
Cada pregunta debe incluír:
1. Enunciado claro con contexto real cando sexa posible
2. Feedback ESPECÍFICO por resposta (non só correcto/incorrecto):
- Resposta correcta: confirmación + breve explicación do por que
- Cada resposta incorrecta: por que é incorrecta + que concepto confunde
3. Feedback XERAL ao final: resumo do concepto clave con exemplo real
4. Penalización: 0.33 por resposta incorrecta en opción múltiple
5. Dúas categorías: preguntas de concepto xeral + preguntas de
comparación entre sistemas (para grupos con sistemas asignados)
PRINCIPIOS DE APRENDIZAXE CON EVIDENCIA CIENTÍFICA A APLICAR:
- Práctica de recuperación espaciada: incluír 2-3 preguntas sobre
contidos de bloques anteriores (non só do bloque actual)
- Dificultade desexable: algunhas preguntas deben requirir
aplicación ou transferencia, non só recordo
- Feedback específico e inmediato: cada resposta incorrecta explica
o erro concreto, non só di "incorrecto"
- Interleaving: mezclar tipos de pregunta e niveis de dificultade
- Conexión co mundo real: polo menos 30% das preguntas deben
referenciar sistemas intelixentes reais verificables
FORMATO DE SAÍDA:
- Ficheiro XML válido para importar en Moodle (formato Moodle XML)
- Categorías: $course$/[NomeUD]/[NomeBloque]
- Todos os textos en [lingua indicada]
- Bloques CLOZE: sen saltos de liña dentro dos bloques {}
- Respostas numéricas: sen atributo format= nas etiquetas <answer>
- Verdadeiro/Falso: usar true/false en minúsculas
- Encoding: UTF-8
SISTEMAS INTELIXENTES DE REFERENCIA (para preguntas comparativas):
[Lista os 12 sistemas dos grupos, ex:]
- Tesla Autopilot, Robot cirúrxico Da Vinci, Alexa, Amazon Kiva,
Aidoc (diagnóstico médico), Termostato Nest, Robot Spot,
Drone DJI Agras, Lely Astronaut (muxido), Face ID,
Brazo KUKA, John Deere See & Spray
EXEMPLO DE PREGUNTA BEN DESEÑADA (segue este modelo):
---
Tipo: Verdadeiro/Falso
Enunciado: "O sensor de ultrasonidos do mBot detecta obxectos
en calquera dirección ao seu redor."
Resposta: FALSO
Feedback correcto: "Correcto. O sensor de ultrasonidos só detecta
dentro dun ángulo de aproximadamente 60° cara á parte dianteira.
Obxectos fóra dese ángulo non son detectados."
Feedback incorrecto: "Incorrecto. O sensor ten un ángulo de
detección limitado (~60°). Para detectar en 360° necesitaríanse
múltiples sensores, como fai o Tesla con 8 cámaras."
Feedback xeral: "Os sensores teñen sempre limitacións físicas
de ángulo, distancia e precisión. Esta é unha das razóns polas
que os sistemas reais usan múltiples sensores combinados."
---
ANTES DE XERAR O XML, PREGÚNTAME:
1. ¿Queres que inclúa preguntas de recuperación de bloques anteriores?
Se si, indica que bloques.
2. ¿Os alumnos teñen sistemas asignados para as infografías?
Se si, ¿incluímos preguntas comparativas?
3. ¿O cuestionario é formativo (sen nota) ou sumativo (conta para nota)?
4. ¿Cantos intentos permite o cuestionario?
Cando teñas toda a información, xera o XML completo e validado,
listo para importar en Moodle desde
Administración do curso → Banco de preguntas → Importar →
Formato Moodle XML.